Escoita os nosos contos!

Descubre un mundo de historias, aventuras e imaxinación a través dos nosos audiocontos. Relatos para escoitar, soñar e compartir en familia, en galego.

Mamá Cabra presenta un novo proxecto

ONDA MINI

Unha radio sen pantallas para a infancia

Mamá Cabra abre unha nova xanela á imaxinación cun proxecto pensado para acompañar as nenas e os nenos a través da voz, da música e da palabra. Unha radio sen pantallas, un espazo para escoitar, soñar, descubrir e aprender.

A través de podcasts de cancións, contos e poemas, e coa colaboración de profesionais da ciencia e das matemáticas, queremos espertar a curiosidade, estimular a creatividade e achegar novos coñecementos ao mundo infantil dunha maneira lúdica, próxima e emocionante.

Porque hai moitas formas de descubrir o mundo, e algunhas comezan simplemente ao pechar os ollos e escoitar.

Mamá Cabra: unha radio para escoitar, imaxinar e medrar.

ONDA MINI