Mamá Cabra, un refente da música infantil en galego

Unha historia que comeza no ano 2000

Mamá Cabra nace no ano 2000 da man de Gloria Mosquera Roel, cunha idea que, daquela, aínda era pouco habitual: crear música infantil en galego pensada para ser vivida, cantada e compartida.

Desde o primeiro momento, o proxecto apostou por algo máis que por facer cancións para nenas e nenos. Mamá Cabra creou un universo propio no que a música, a literatura, o xogo, o movemento, a educación e a participación se dan a man.

Xunto a Gloria iniciou o camiño Tomi López Serrano, responsable de arranxos e composicións e acompañante ao baixo, á guitarra e coa súa voz.

Ao longo destes máis de 25 anos, Mamá Cabra foi construíndo unha traxectoria ligada á creación artística, á cultura galega e á infancia, converténdose nun dos proxectos de referencia da música infantil en lingua galega.

Os nosos artístas

Gloria Mosquera Roel

Tomi López Serrano

Profesora, música, cantante, artista, creadora e impulsora de Mamá Cabra, Gloria Mosquera Roel leva máis de dúas décadas achegando a música á infancia a través de cancións cheas de emoción, xogo e aprendizaxe. O seu camiño nace da ensinanza musical e da necesidade de crear cancións que conectasen cos máis pequenos desde a imaxinación, o movemento e a cultura galega.

Como voz principal do grupo, Gloria achega unha forma única de entender a música infantil: próxima, participativa e capaz de converter cada concerto nunha experiencia compartida entre nenos, familias e artistas. O seu traballo combina tradición, poesía e diferentes estilos musicais para crear un universo propio onde cantar, aprender e gozar van sempre da man.

Música, artista e compositora, Tomi López Serrano é unha das pezas fundamentais dentro do universo sonoro de Mamá Cabra. A través do baixo, da guitarra e da creación musical, achega unha identidade chea de ritmo, enerxía e sensibilidade a cada proxecto.

A súa visión musical permite que as cancións de Mamá Cabra viaxen entre diferentes estilos, mesturando sons contemporáneos con elementos tradicionais e creando unha proposta dinámica pensada para gozar en familia.

Xunto a Gloria Mosquera, contribuíu a construír un espazo onde a música se converte nunha ferramenta para imaxinar, aprender e compartir.

Unha banda, moitas voces

Mamá Cabra foi tamén posible grazas á colaboración de numerosos músicos e artistas que contribuíron, ao longo dos anos, con arranxos, composicións, interpretacións, ideas, risas e amizade.

Entre eles están Paco Cerdeira, Pablo Dalama, Hilario, Rodrigo, Diego Maceiras, Paula Romero, Sandra Romero, Merchi Rozas, Miguel Flores, Iago Rodríguez, Carliños, Miguel, Manolo Rey, Manolo «Sopas», Javier Constela e Harry Price, entre outros.

Esta suma de persoas e sensibilidades forma parte da identidade de Mamá Cabra e da súa maneira de entender a creación: un proxecto colectivo, aberto e en constante evolución.

Música que educa

CONVIVENCIA E PAZ
Valores a través das historias, dos personaxes e das cancións.

NATUREZA
Coñecer, respectar e protexer os animais, os bosques e a natureza

MOVEMENTO
Cantar, bailar e experimentar co corpo como forma de expresión.

CREATIVIDADE
Descubrir que todas as crianzas poden crear, interpretar e participar.

Mamá Cabra entende a creación infantil como unha oportunidade para aprender sen deixar de xogar.

Os seus proxectos abordan temas próximos aos nenos e nenas e ás familias:

LECTURA
Achegar os nenos e nenas aos libros e ao pracer de ler.

LINGUA GALEGA
Experiencias musicais que contribúan á normalización.

POESÍA
Converter os versos en cancións e achegalos á infancia.

ALIMENTACIÓN E HÁBITOS SAUDABLES
Aprender a coidarse tamén pode ser divertido.

Unha traxectoria recoñecida

O percorrido de Mamá Cabra foi acompañado por diferentes premios e recoñecementos que avalan a súa contribución á música e á cultura infantil galega.

🏆 2006 · X Premios da Música

Premio á Mellor Canción en Galego por Tan só con leres un libro.

🏆 2011 · Premio Neira Vilas

Premio ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil por Xa me tardan estes Magos.

🏆 2013 · Premio Galego da Música

Premio Galego da Música por Bicos de música.

🏆 2013 · Premios Martín Códax da Música

Premio Martín Códax da Música – Música Infantil.

Mamá Cabra foi a gañadora da primeira edición destes premios na categoría de Música Infantil.

🏆 2022 · Premios Martín Códax da Música

Premio Martín Códax da Música – Música Infantil.

O segundo gran recoñecemento de Mamá Cabra nestes premios.

⭐ Premio Literario Frei Martín Sarmiento

A fraga do meu avó foi finalista do XVII Premio Literario Frei Martín Sarmiento, na categoría Infantil.

Máis que un grupo musical

Ao longo de máis de 25 anos, Mamá Cabra foi construíndo algo que transcende a propia música.

É un proxecto artístico e educativo

É literatura convertida en canción

É a música convertida en xogo

É teatro convertido en participación

É cultura galega vivida dende a infancia

E é tamén unha maneira de reivindicar que os nenos e nenas merecen propostas artísticas de calidade, creadas desde o respecto, a emoción e a liberdade.

25 anos facendo medrar a música infantil en galego

Creando cancións

+25 anos

+25 anos

Contando historias

+25 anos

Facendo bailar

+25 anos

Defendendo a cultura galega

Forma parte do universo Mamá Cabra

Se buscas un espectáculo infantil en galego cunha longa traxectoria e unha identidade propia, Mamá Cabra leva a música, a ilusión, o xogo, o aprendizaxe e a cultura galega ao teu espazo.